O domingo, as cadetes do Suevia viaxaron ata Ribeira para poñer en práctica un novo sistema defensivo máis profundo, que sorprendeu ás locais dende o asubío inicial. O Ribeira viuse bloqueado ante o 3:3 proposto polo Xiria, que cortaba liñas de pase con eficacia e lanzaba rápidos contraataques en primeira oleada, deixando un claro (1-15) no marcador nos primeiros minutos.
Co paso do tempo, os trocos e os pases entre liñas deron algo máis de fluidez ao xogo das locais, pero non foron suficientes para frear o dominio das visitantes. O Suevia pechou o marcador no minuto 43 cun contundente (10-40), sentenzando o encontro con solvencia.
Nos minutos restantes, o resultado xa non se moveu, mais o Xiria mantivo a intensidade e a concentración ata o final. Agora o Xiria agarda no Fogar a chegada do Atlántico para o próximo fin de semana.
CLUB BALONMAN RIBEIRA 10 – 40 CADETE FEMININO XIRIA


