Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clube

Día de fotos para Escolas Balonmán Xiria

Comeza xa a competición para Escolas Balonmán Xiria, entrando en liza os equipos de División de Honra Xuvenil, Cadete e Infantil, namentres os equipos sénior masculino e feminino agardarán unha…

Comeza xa a competición para Escolas Balonmán Xiria, entrando en liza os equipos de División de Honra Xuvenil, Cadete e Infantil, namentres os equipos sénior masculino e feminino agardarán unha semana máis. Os representantes carballeses serán:

  • Calvo Xiria: 1ª Estatal Masculina
  • Goldie Xiria: 1ª Autonómica Feminina
  • Laber Xiria: División de Honra Xuvenil Masculina
  • Grupo Lemaco Xiria: División de Honra Cadete Masculina
  • Garaysa Xiria: División de Honra Infantil Masculina

Escolas Balonmán Xiria quere aproveitar esta ocasión para agradecer a todos os seus patrocinadores e colaboradores o apoio ao noso club, ao noso deporte, e por suposto, a unha forma de traballo no que a canteira é o eixo fundamental para levar aos seus equipos sénior o máis alto posible.

Aproveitouse o derradeiro fin de semana sen ligas para facer as fotos oficiais destes cinco equipos, e nas próximas semanas será a quenda para o equipo infantil de liga territorial, os dous equipos alevíns masculinos, o alevín feminino, os tres benjamines mixtos e os dous de mini.

Aquí deixámosvos fotos da presentación:

Máis sobre isto