Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil feminino

Tubasys cae ante un Bueu incontestable

As rapazas do Tubasys viaxaron o sábado para enfrontarse o líder invicto da liga, Bueu. A pouca rotación e os problemas físicos de Lara, a única porteira, non xogaron a…

As rapazas do Tubasys viaxaron o sábado para enfrontarse o líder invicto da liga, Bueu. A pouca rotación e os problemas físicos de Lara, a única porteira, non xogaron a favor das carballesas.

Dende o inicio do partido o Bueu se impuxo de forma contundente a pesar da intensa defensa do Xiria grazas os poucos goles encaixados, xa que o Tubasys seguía a errar lanzamentos unha e outra vez a pesar de que o número de situacións claras era semellante en ambos conxuntos. A gran diferencia no marcador non axudou a controlar os nervios e comenzaron a repetirse situacións de pasos e perdas non pases para marchar ó descanso (15-5).

Na volta, o acerto de cara a portería non cambiou moito e as do Xiria atopábanse no minuto 10 da segunda metade con 9 goles a favor, 17 erros de lanzamento e 11 perdas de balón, o que facía imposible xestionar a situación. Unha chamada á calma e cambio de posicións aportou novos folgos ás filas verdes, que comenzaban a ter máis confianza e moverse sen balón para atopar ocos detrás do avanzado da defensa 5:1 pontevedresa. Pola contra, a defensa das xogadoras infantiles de Carballo non tivo descanso algún e seguiu traballando para deixar unha última boa sensación ante un líder que soamente podía ver o acortamento das distancias no marcador (28-16).

Moi bo final de partido nun encontro cun inicio nefasto. O equipo vai medrando pouco a pouco, sendo capaz de pelexar ante os rivais máis fortes da liga aínda que sexa por un periodo limitado de tempo. Fai falta máis exteriencia para que ocurra, pero non cabe duda de que as rapazas o conseguirán.

Próximo partido

Máis sobre isto