Últimos partidos deste 2018

O Calvo Xiria dará por finalizada a competición de 1ª nacional neste 2018 co seu partido en Bueu. O encontro, de vital importancia para que os carballes sigan no máis alto da clasificación, disputarase este Sábado ás 19:00 h no pavillón Pablo Herbello. Será un partido moi difícil ante un equipo, o Bueu Atl. BM, que a pesar das baixas sempre se mostra como un conxunto competitivo no seu feudo e así o demostrou fai un par de semanas vencendo ao Unión Financiera de Oviedo, outro dos candidatos ao título. O bo funcionamento da parcela defensiva, antóllase vital para que os de Carballo poidan regresar a casa cos dous puntos en xogo.

Co conxunto senior viaxa nesta ocasión o equipo infantil do Garaysa. Os rapaces de División De Honra, enfrentaránse ao término do encontro de 1ª nacional (20:30) ao Bueu Atl. BM da súa categoría, un rival directo para os de Xiria A particularidade deste partido é que tan só se xogarán once minutos, xa que foi aprazado a semana pasada pola condensación cado quedaba por disputar ese tempo. Os de Carballo, que perdían por catro goles, comenzarán o envite con esa diferencia.

Tamén o Goldie Xiria desprázase no seu último encontro antes das vacacións de Nadal. Enfrontarase ao equipo filial do Mecalia Atlético Guardés o venres ás 20:30. As locais son un equipo que adoita encaixar poucos goles, do mesmo xeito que o Goldie Xiria, polo que cada acción antóllase importante nun encontro con algarismos baixos. Será importante atopar boas situacións de contraataque e estar acertadas na defición para tratar de sumar os dous puntos.
Por último, o equipo cadete feminino viaxa a Camariñas o Sábado para desputar esta última xornada antes do parón navideño. As carballesas veñen de dúas semanas de descanso e atópanse na segunda posición. As de Camariñas están no cuarto posto despois de lograr un empate en Lugo a pasada semana.
O encontro que terá lugar ás 12:00 no pavillón o Areal, preséntase igualado na loita polos primeiros postos da táboa.