O Marmoleria José Rey deixa boas sensacións pese a derrota.

Esta xornada tocou desprazarse ata Arteixo, nun encontro que sabiamos que ía ser complicado tanto polo rival, como por baixas que arrastrabamos por lesions. O Marmoleria tivo un gran comezo de partido e unha gran intensidade defensiva, pero esta vantaxe foise desvanecendo polo erros de lanzamento, unha boa actuación do porteiro local e precipitacions dos nosos lanzadores fixeron que o Arteixo Telepizza que si conseguiu estar mais atinado de cara a porteria, collera unha abultada vantaxe de 11 goles ao descanso (16-7).

Na segunda parte foi un pouco mais do mesmo, seguimos atopando moitos espacios en ataque pero non acabamos de culminar ben os lanzamentos, mentres que eles explotaban moi ben os nosos erros de lanzamento para que os seus extremos correran contraataques en primeira oleada continuos, e non darnos pé a reducir a desventaxa do marcador. Pese a isto, foi un gran partido dos nosos, xa que coas numerosas baixas e cos erros de lanzamento, o xogo foi moi fluido, e todos os xogadores aportaron no xogo, concetos moi positivos para o equipo. Finalmente o marcador rematou cun 28-18.

Arteixo Telepizza( 16+12): Alejandro Aller(1), Alejandro López, Adrián Novio(3), Elmer Martínez (7), Marcos Abeleira(1), Hugo Monteiro, Marcos Vázquez, Victor Gonzalez, Ivan Sousa (11), Daniel Gonzalez(2), Martin Trillo(1).

Marmolería José Rey Xiria(7+11): Manuel García, Dani Bello(3), Alejandro Tato, Hugo García (4), Manuel Muñoz, Samuel Quintela, Manuel Perez(2), Bruno Facal(5), Ángel Villar(2), Manuel Rey, Miguel Cambon(2).