Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Xuvenil masculino

Un Cisne necesitado de puntos derrota ao Laber Xiria

Balonmán Cisne 31 – Laber Xiria 26 (16-11) Necesitaba o Balonmán Cisne a vitoria sobre os carballeses para poder facerse co Campionato de Liga, mentres o Xiria xa acadara o…

Balonmán Cisne 31 – Laber Xiria 26 (16-11)

Necesitaba o Balonmán Cisne a vitoria sobre os carballeses para poder facerse co Campionato de Liga, mentres o Xiria xa acadara o seu obxetivo e xogou un partido falto de intensidade e acerto.

Tras un comezo de partido igualado, as diferenzas foron marcadas por quen atinaba máis coa portería contraria, así o Laber errou moito no lanzamento exterior e incluso desperdiciou varios lanzamento a contra diante do porteiro rival. Cinco goles ao descanso e con moitas lesións e mermas no conxunto carballés daban un respiro ao Cisne.

Na segunda metade o s pontevedreses dedicáronse a administrar a vantaxe, o Xiria intentouno con maior mobilidade dos seus xogadores no ataque pero volveu a errar no lanzamento, por veces en defensa encontrou e xogou ben a anticipación, pero tamén se descoidou moito en deixar libre aos pivotes e xogadores de segunda liña rival.

Tras este partido aprazado, so queda esperar o remate da Liga coa disputa da derradeira xornada na que o Laber recibirá ao Seis do Nadal vigués nun partido onde serán ausencia por unha viaxe ata sete xogadores do Xiria.
Balonmán Cisne 31 (16): Anxo Fraga e Javier Muñoz (porteiros) , Ivan Pérez 2, Carlos Costa 1, Carlos Alvarez 2, Juan Cuenca 4, Víctor Fernández, Sergio Alvarez 6, David Sineiro 6, Ricardo González 1, Manuel Suárez, Mateo Arias 5, Jaime Leira 1, Diego García 1, Angelo Da Silva 1 e Bruno Neves.

Laber Xiria 26 (11): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Alex Gómez 15, Adrián Mesejo, Mario Cancela 4, Franco Rial, Ivan Hernández, Andrés Urbieta 4, Brais Vila, Aaron Rodríguez 2, Diego Antelo, Fer Mallo e Dani Mallo.

Arbitrou Carlos Calvar, sen complicacións

Próximo partido

Xuvenil masculino20:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 8
EMBUTIDOS LALINENSE
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

Máis sobre isto