Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cadete masculino

Un Grupo Lemaco Xiria loitador, perde diante do Rasoeiro

Primeira xornada da Copa Federación para os cadetes do Grupo Lemaco Xiria. O seu rival o Rasoeiro Tecfrisa levou os dous puntos, pero os locais que na primeira parte mantiveron…

Primeira xornada da Copa Federación para os cadetes do Grupo Lemaco Xiria. O seu rival o Rasoeiro Tecfrisa levou os dous puntos, pero os locais que na primeira parte mantiveron un ritmo alto de xogo, e manteríanse constantes fóronse ao descanso 16 a 20.

Na segunda metade, o traballo defensivo foi de menos a máis, co que o Rasoeiro conseguiu marcharse ata os 7 goles de diferenza. Pero, está vez, o carácter positivo e loitador dos de Xiria, tentaría unha remontada que non se conseguiu por pequenos detalles.

Finalmente un 33 a 35, pero cos carballeses demostrando cal é a liña para seguir nesta Copa.

A semana que vén, teremos en Vigo a disputa por un praza no campionato de España, na categoría cadete. Os rivais do Grupo Lemaco Xiria son, o SD Teucro, o Luceros, e o AD Carballal. Fin de semana intensa e emocionante para a afección do Xiria.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila De Noia, Carballo, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: José Henrique Folgoso e Renzo Martín Díaz Carro do colexio galego.

GRUPO LEMACO XIRIA 33 ( 16 + 17 ): Darío Calviño [p], Pedro Pena [p], Álex Puñal (1), Fernando Mallo (6), Julián García (2), Martín Fuentes (2), Javier Rodríguez (1), Esteban Puñal (4), Andrés García, Juan Martín Fajardo (2), Pablo Esmoris, Antonio Calvelo (10), Carlos Varela (5).

RASOEIRO TECFRISA 35 ( 20 + 15 ): Antón Garrido [p] Javi Garrido (7), David Rey, Martín Padín (7), Adrián Rey (1), Pablo Villanueva, Eloy Fraga, Francisco Domínguez 1, Alberto Soutullo e Víctor Iglesias (5), Alex Iglesias (9), Nicolás Padín (1).

[ngg src=»galleries» ids=»237″ display=»basic_thumbnail»]

Próximo partido

Cadete masculino13:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 7
BM LINEA21 AUTO ESCOLA COPACO
MONTAXES CARBALLO XIRIA VERDE

Máis sobre isto