O Laber Xiria comeza a Copa superando ao Porriño

O Laber Xiria comeza a Copa superando ao Porriño

Laber Xiria 36 – Balonmán Porriño 19 (17-8)

Partido cómodo do Laber Xiria nesta primeira xornada da Copa Federación, no momento que os carballeses asentaron a defensa e imprimiron verticalidade ao xogo de ataque o Balonmán Porriño viuse superado en todas as facetas e dedicouse a contrarrestar a velocidade dos locais.

De uns minutos igualados onde o Xiria se precipitaba querendo buscar accións directas e individuais en ataque mentres que na defensa demasiadas saídas aos impares en busca de cortar balóns, pasouse a unha boa continuidade no ataque que permitía achegar con posibilidades a xogadores libres de marca e un cambio a defensa 5:1 onde o Porriño se enredou perdendo numerosos balóns que permitiron ao Laber anotar con facilidade a contra.

Co partido practicamente decidido en canto a resultado, a segunda metade non tivo maior historia que ir vendo como o Xiria aumentaba distancia e o Porriño aguantaba o tipo.

Tras este partido, nunha competición desastrosa en canto a continuidade o Laber Xiria deberá agardar 15 días para o vindeiro choque, será en Lalín fronte aos locais.

Laber Xiria 36 (17): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Alex Gómez 7, Fernando Mallo 1, Diego Antelo 2, Franco Rial 3, Ivan Hernández 1, Andrés Urbieta 10, Renzo Díaz 1, Brais Vila 1, Aaron Rodríguez 1 e Dani Mallo 8.

Balonmán Porriño 19 (8): Alai Merino e Joao Pereira (porteiros) Jesús Maquieria 1, Mario Basconcello , Rafael Antunes 2, Abdelkader Serkouh 1, Saul Candán 6, David Díaz 4, Adrián Cruz, Daniel Philippon 3, Ivan Fandiño 1, Oscar Basconcello, Hugo Carballido, Lucas Domínguez 1 e Tomás Rodríguez.

Marcador cada 5 minutos: 1-2/ 5-4/ 9-5/ 10-6/ 13-6/ 17-8/ 22-12/ 25-14/ 27-15/ 29-15/ 32-17/ 36-19

Arbitraron Pablo Barreiro e Gabriel Folgoso, sen complicacións