Un Grupo Lemaco Xiria moi superior vence ao Chapela

Balonmán Chapela 20 – Grupo Lemaco Xiria 36 – (9-19)

Con moita concentración e con gañas de facer un gran partido, presentouse o Xiria diante do Chapela, sabedor de non poder pasar a oportunidade de sumar dous novos puntos para irse afianzando na clasificación en vistas a novos compromisos de liga. E saíu ao campo enchufado, a intensidade defensiva achicaba as opcións de xogo do seu rival, que non encontraba lanzamentos cómodos e cedía ante a contundencia do Grupo Lemaco. En ataque atopáronse os xogadores carballeses máis cómodos, con boa circulación do balón, sabendo esperar o momento e aproveitar os espazos oportunos, o que facía que chegasen balóns aos extremos, por onde o equipo acadou moitos dos goles en ataque en posición.

Cun 9 a 19 goles nunha primeira metade seria, o Grupo Lemaco garantía que os puntos viaxasen cara Carballo, polo que o equipo aproveitou para traballar para vindeiros compromisos e a repartir minutos entre os menos habituais dun extensa formación.

A vindeira semana o Balonmán Cisne pontevedrés renderá visita a Carballo, espérase un encontro igualado ante un equipo que loitará na clasificación co Xiria.

Balonmán Chapela 20 (9): Roi Sella e Marco Covelo (porteiros) , Ivan Fernández 2, Yago Correa 1, Miguel Espiño 1, Nando Correa 5, Jonathan Osca 5, José López 1, Xacobo Bermúdez 1, Dario Pérez 1, Manuel González 3 e Anxo Fontán

Grupo Lemaco Xiria 36 (19): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Alex Gómez 11, Pedro Pereira 5, Iago Rincón 4, Renzo Díaz 1, Xurxo Díaz, Adrián Mesejo 3, Franco Rial 2, Brais Vila 1, Mario Rincón 4, Andrés Urbieta 4, Manuel Varela e Diego Rodríguez

Marcador cada 5 min: 1-5 / 3-7 / 4-11 / 5-15/ 7-18 / 9-19/ 11-23 / 13-27 / 14-29/ 17-32/ 19-34/ 20-36

Arbitraron: Andrea Argibay e Soraya Abelenda, sen complicacións, excluíron a Julio Fernández polo Chapela

chapela-1 chapela-2 chapela-4 chapela-5 chapela-6