Un Laber Xiria invicto, imponse con autoridade en Lalín
Ningún antecedente entre os dous equipos, podía presaxiar o que ía suceder o pasado sábado no pavillón Lalín Area. Prevíase un partido rifado, complexo para ambos os conxuntos e sobre…

Ningún antecedente entre os dous equipos, podía presaxiar o que ía suceder o pasado sábado no pavillón Lalín Area. Prevíase un partido rifado, complexo para ambos os conxuntos e sobre todo, igualado, pero nada máis lonxe da realidade. Nin os máis optimistas podían supor a diferenza final que daba os dous puntos ao Laber Xiria. Nun día de extrema lucidez, o conxunto de Carballo levantou un muro en fronte da portaría de Souto na primeira parte e Samuel na segunda, fraguando a súa contundente vitoria a partir do seu sistema defensivo. A resolución ao contragolpe das sobresaintes accións defensivas, daba unha importante e cómoda vantaxe mediado o primeiro acto (4-9). Nese estado de graza, os de Xiria seguirían ampliando a súa vantaxe até o tempo de descanso. O blocaxe, autoritario nos lanzamentos exteriores do rival, a contundencia no 1×1 e as acertadas disuasiones, así como o funcionamento colectivo nas axudas, pechaba todas as vías rivais cara ao gol e incrementaba a semilla da impotencia dos dezanos. O posicional funcionaba de forma disciplinada, con Juanca liderando o xogo de conxunto e obtendo as respostas colectivas precisas a partir dos procedementos de ataque. As solucións aparecían en todas as liñas e a defensa rival víase inoperante no día de onte. A vantaxe dos bergantiñáns ao descanso era inmellorable (8-21) e as sensacións, as soñadas.
Os xogadores do Laber Xiria sabían da calidade do rival e eran conscientes de que aínda quedaba rematar a faena. Todo pasaba por manter a disciplina e seriedade no xogo e por controlar o tempo e o ritmo do mesmo, pechando calquera intento de remontada de Lalín. A vitoria final para o conxunto carballés, continuouse construíndo da mesma forma no segundo acto, non dando lugar a sorpresa algunha. Os dous puntos viaxan polo tanto a Carballo e os verdinegros seguen así, desta forma, invictos e liderando o campionato.
Para a semana, haberá que afrontar o primeiro derbi contra o conxunto coruñés do BM.Artabro, un equipo que atesoura gran calidade en todas as súas liñas e que, con catro puntos, sitúase en metade de táboa nestes inicios. Os coruñeses, como é habitual, exixirán ao máximo aos de Xiria, si estes queren continuar invictos.
BM.Lalín: 14 (8+6). Cristian (1), Lago, Miguel, Brais (6), Simón, José, Alberte (1), Roi (3), Lalín, Manuel, Mario, Antón, Pedro (3), Carrón.
Laber Xiria: 44 (21+23). Souto (p), Samuel (p), José, Carlos (11), Andrés Vila (3), Manuel Sánchez, Roi (3), Ronaldo, Andy (1), Fran (2), Juanca (23), Santi (1).
Colexiados: J.María García. Sen complicacións.
Parciais cada 5´: 1-3 /3-6 /4-9 /6-14 /7-16 /8-21-**Descanso-**11-23 /13-28 /13-31 /14-35 /14-39 /14-44-Final.
Incidencias: Partido da Cuarta xornada da División de Honra 2016/17, celebrado no Lalín Arena ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.
Clasificación:
Fotos do partido:

















