Un loitador Garaysa cede ante o Bm Porriño

O pasado sábado disputouse no pavillón municipal de Porriño o partido correspondente á xornada 17 que enfrontaba ao Bm Porriño e o Garaysa Xiria.

O partido estivo marcado por pequenos detalles. Ao comezo do partido o Garaysa era capaz de frear os ataques do equipo rival, sen embargo, o equipo local era capaz de conseguir anotar grazas a detalles individuais ,de algún dos seus xogadores, que eran capaces de localizar bos lanzamentos dende 9 metros. No ataque a pesar do boa oposición do equipo de Porriño o Garaysa foi capaz de mover o balón ata zona de extremos onde tivo unha boa finalización. Con todo e ,a pesar dos detalles dos xogadores do Porriño, o Garaysa con unha defensa activa foi quen de recuperar unha serie de balóns pero as presas no momento de correr a contra e as imprecisións impediron que o Garaysa puidera igualar o partido.

A segunda parte seguiu o mesmo guión, sen embargo en esta segunda metade o equipo de Carballo notou a falta de boas axudas defensivas antes as accións dos xogadores do Porriño.  Ante a diferencia que reflexaba o marcador a falta de 5 minutos de 5 goles, o Garaysa propuxo unha defensa presionante xa dende a metade do campo e foi quen de remontar ata 2 goles o partido, sen embargo o empuxón final non conseguiu que o equipo de carballo sumase puntos.

BM PORRIÑO 33 (17+16) Martin Bar, Adrián Carrera, Hugo Rodríguez (5), Josue Rodríguez (5), David Rodríguez, Roberto Castro (13), Alez Ocampo, Rodrigo Pereyra (2), Lucas Antunes (2), Efrén Fernández (2), Xulio Fernández, Nicolás Giraldez (1), Balaro Paz (2), Daniel Martínez (1).

GARAYSA XIRIA 31 (14+17) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García, Alberto Rodríguez (1), Pedro Porteiro, Samuel Regueira (10), Ángel Viña (2), Samuel Veiga (3), Erik Vázquez (8), Pablo Veiga (5), Xurxo Fraga (2).