UN LOITADOR LABER A PERDE NOS ÚLTIMOS MINUTOS DUN GRAN PARTIDO

O Laber viaxaba a Tui a enfrontarse a un equipo que nos últimos encontros lle resultara moi difícil e viña coas ganas de mellorar esa imaxen para levarse os dous puntos. A maiores era un encontro que facía a ambos equipos dar un pequeno salto na clasificación xeral.

Así a saída ao campo dos dous equipos foi con gañas de levarse o partido, e así o mostraba a igualdade inicial. O Laber saíu coas ideas claras en canto ao plan de partido, sen embargo co paso dos minutos os carballeses saíronse dese plan de xogo e o Tui puido coller as primeiras rentas do partido. Con todo o Laber reaccionou e foi quen de recurtar as distancias e , así marchamos ao tempo de lecer coa ventaxa de un gol para o balonmán Tui.

A volta dos vestiarios o Laber pegou un gran empuxón dende a defensa e comezaba a dominar o partido. Puxo as primeiras rentas ao seu favor e tiña fora de partido aos locais. Con todo, os locais con situacións de lanzamento exterior conseguían igualar o partido. Foi así como ambos equipos nos brindaron uns últimos minutos de apaixoantes e de tensión. Co partido igualado o Laber A quedou con un menos os últimos dous minutos (recuperando 10 segundos antes de finalizar). Foi así cando o equipo carballés tirou de coraxe e conseguiu ter dúas ocasións para poder empatar o partido, pero a defensa ao límite do reglamento na primeira acción e un lanzamento claro detido polo porteiro de Tui fixo que os dous puntos fosen para o equipo local.

Sabor agridoce para os carballeses ,doce pois o traballo dos xogadores viuse reflexado nunha clara mellora con respecto aos anteriores partidos con este rival, agrio pois os dous puntos puideron viaxar cara carballo pois o Laber dou argumentos para que así fose. Toca seguir a traballar na mesma liña e competindo da maneira que se está a facer.

LABER A 28- BM TUI 29