Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Xuvenil masculino

O LABER B REALIZA UN GRAN ENCONTRO PESE A DERROTA ANTE O CISNE B

O Laber B chegaba ao partido bastante mermado por varias lesións esa semana, polo tanto contaba con unha plantilla xusta no que a efectivos se refire. En canto ao deportivo…

O Laber B chegaba ao partido bastante mermado por varias lesións esa semana, polo tanto contaba con unha plantilla xusta no que a efectivos se refire. En canto ao deportivo viña co obxetivo de mostrar sobre o 40 x 20 o traballo ben feito realizado durante a semana.

De este xeito o Laber saía con un ataque móvil que conseguía situacións de espazo para as penetracións ou para os lanzamentos de 9m coa defensa desprazada. Con todo a defensa ía axustandose aos poucos e isto facía que o Cisne colleitara as primeiras rentas do partido. Pouco a pouco o xogo tanto no defensivo cómo ofensivo foise axustando, sen chegar a recurtar a distancia no marcador a máis de 2 goles.

A segunda metade o Laber B saíu moi descentrado, e case tira pola borda o bo traballo realizado nos primeiros 30 minutos. Sen embargo, soupo repoñerse, axustando entre defensa e portería e, con máis dinamismo no ataque. Así axustou o marcador ata o empate, sen embargo os nervios e a tensión competitiva fixeron que nos últimos minutos as decisións que se tomaron non foran as mellores. Con todo, o obxetivo do partido foi acadado e o Laber B dou un paso adiante no seu xogo e esta é a liña a seguir.

LABER B 24- CISNE B 26

Próximo partido

Xuvenil masculino20:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 8
EMBUTIDOS LALINENSE
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

Máis sobre isto