Unha de cal e unha de area para o Garaysa Xiria no torneo de Culleredo

Os nosos infantís desprazaronse ata terras cullerdenses para disputar o torneo das festas de Culleredo 2021, no que os rapaces de Jorge Bouzas mostraron dúas caras totalmente diferentes, logrando desta forma unha vitoria incontestable ante o Finetwork Gijón e caendo con certa contundencia ante o conxunto local.

BM Culleredo 25 – 15 Garaysa Xiria

Nesta primeira toma de contacto coa pista cullerdense, os carballeses non saíron todo o ben que deberían e iso fixo que as perdas de balón se sucedesen durante todo o encontro, ao que se sumaría un ataque moi estático que fixo que a vitoria caese do lado dos locais.

Garaysa Xiria 28 – 21 Finetwork Gijón

Este segundo encontro foi totalmente o contrario ao anterior, o Garaysa Xiria saltou á pista cunha actitude inmellorable, o que fixo que subisen cuantitativamente o seu nivel tanto defensivo como ofensivo e iso supuxo que se puidese ver a mellor versión do equipo e que este lograse unha clara e incontestable vitoria ante un gran rival como é o Finetwork Gijón.