Vitoria do Garaysa fronte ao Bm Culleredo

A pasada xornada xogaban no pavillón Vila de Noia o Garaysa Xiria fronte ao Bm Culleredo o partido correspondente á xornada 14ª xornada de liga.

O inicio de partido foi moi bo para os de Carballo que, con unha boa defensa ao par e controlando a liña de 6 metros conseguía unha renta de 3 goles. A partir de ese momento e logo de un tempo morto os ataques ían a impoñerse ás defensas. Ambos equipos ían a conseguir anotar moito. Ate o descanso un bo xogo en ataque facía que se chegara ao tempo de lecer con 22-14 no marcador.

Na segunda metade a dinámica ía a ser a mesma. Unha defensa intensa por parte do xogadores do Garaysa pero falta de profundidade o que se traduce en moitos goles dos de Culleredo dende 9 metros sen oposición. Na parcela ofensiva os locais estaban máis acertados, a pesares de cometer algunha que outra perda de balón cando xa tiñan xerada unha ventaxa. Con todo o Garaysa lograba unha ventaxa de 7 goles a falta de 5 minutos, ventaxa que se viu recortada nos últimos minutos mal xestionados polos carballeses. Con todo, dous puntos máis para o Garaysa nun marcador final de 36-32.

Para a semana o Garaysa ten un enfrontamento directo contra o Cisne de Pontevedra, partido importante para ambos equipos.

GARAYSA XIRIA 36 (22+14) Hugo García, Manuel Pérez (6), Xurxo Fraga (8), Marcos Amarelle (3), Miguel Cambón (1) ,  Ángel Villar (2), Manuel Rey, Erik Vázquez (7), Pablo Veiga (6), Daniel Bello (p), Diego Mourelle (3)

Bm Culleredo Sutenor 32 (14+18)  Samuel Seijas (10), Marco González, Roi García (13), Marcos Regueiro (5), Teo Calvo,  Aaron Blanco , J. Miguel Martínez (2), Alejo Martínez, J. Francisco Pazos,  Diego del Río, Iván Sánchez (1), Adrián Veira (1)