Gran partido entre os nosos equipos alevíns en Bm7

Esta fin de semana disputábase a 6ª xornada da liga alevín de Bm7 e o calendario quixo que lles tocase enfrontarse aos nosos dous equipos, o Gestagua Xiria e o Gallega de Mallas Xiria. Os dous equipos chegaban con diferentes obxetivos a este partido. As nosas rapazas do Gestagua buscaban a primeira vitoria da tempada e seguir así coa sua progresión, e os rapaces do Gallega de Mallas, seguir invictos nesta liga e ir collendo experiencia.

A pesares da distancia na clasificación entre os dous equipos, o partido resultou moi desputado, coas nosas rapazas do Gestagua poñéndolle as cousas difíciles aos nosos rapaces do Gallega de Mallas. Un 5-8 e 2-4 no 1º e 2º cuarto reflexábano. Ao final impúxose a lóxica e o Gallega de Mallas acabou gañando todos os cuartos (2-10 e 5-8 no 3º e 4º cuarto). Este partido serviulle aos dous equipos de diferente maneira, ao Gestagua para crerse que poden plantarlle cara a calquer equipo nesta liga e ao Gallega de Mallas como toque de atención que non poden relaxarse en ningún partido.

Gestagua Xiria vs Gallega de Mallas Xiria: 4-12

Gestagua: Nerea Figueiras, Clara Graña, Sara Rial, Sofía Rey, Elena González, Noa Quintela, Mencía Rodríguez, Noa Millán e Sam López.

Gallega de Mallas: Nicolás Mejuto, Daniel Marta, Lucas Fajardo, Unai Cotelo, Hugo Rivas, Rubén Nogareda, Marcos Varela, Xabi Fernández, Andrés Pombo, Pablo Fraga e Alberto Domínguez, 

1º cuarto: 5-8

2º cuarto: 2-4

3º cuarto: 2-10

4º cuarto: 5-8