Vitoria do Garaysa nunha boa segunda metade

O sábado día 9 enfrentábanse o Garaysa Xiria e o Globalmar Saeland Carballal no pavillón Vila de Noia, partido correspondente á xornada 7. Partido moi importante para os intereses dos carballeses posto que enfrontaba ao primero co cuatro da táboa.

O partido comezou co Garaysa con pouco xogo colectivo, con moitas situacións individuais sen conseguir continuidade de balón.Na defensa a falta de profundidade facía que o Carballal penetrara repetidas veces polo centro da defensa local.  De este xeito os carballeses non eran capaces de atopar o seu xogo e mantiñanse no partido grazas a súa portería e que son fortes o 1vs 1, pero moi lonxe de mostrar un bo xogo colectivo  sendo este unha das súas señas.

 

Na segunda metade o Garaysa volviu a mostrar o traballo defensivo ao que nos ten acostumado, conseguindo así que a maioría dos lanzamentos do Carballal se efectuasen en zonas exteriores do campo, con pouco espazo. Por outro lado, no ataque, moito máis xenersoso, con mellores tomas de decisión  conseguiron aproveitar  toda a anchura do campo. Unha das mostras do anteriormente citado é que nesta segunda metade dos 16 goles anotados 10 foron das súas segundas liñas.

Unha boa segunda metade como equipo fai que o Garaysa poida manterse unha xornada máis no primeiro posto. Moito vai a ter que traballar este equipo para manterse nestes postos, pero o traballo e ilusión destes xogadores fai que medren cada fin de semana.

GARAYSA XIRIA 29 (13+16) Hugo García (2), Manuel Pérez (5), Pablo Suárez , Xurxo Fraga (6), Marcos Amarelle , Miguel Cambón (1) ,  Ángel Villar , Manuel Rey (5), Erik Vázquez (5), Pablo Veiga (5), Daniel Bello (p).

GLOBALMAR SAELAND CARBALLAL 24 (13+11)