Vitoria do Garaysa Xiria A no último partido do ano

Gran partido de principio a fin para o Garaysa Xiria que lles serve para conseguir a segunda vitoria da tempada.

UB Lavadores 32 – Garaysa Xiria 39

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Iker Lema, Lucas Fajardo, Héctor Dubra, Ivan Rey, Hugo Rama, Saúl Fuentefría, Tomás Añón.

Incidencias:  Partido correspondente á 7ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Municipal de Lavadores (Vigo)

O encontro comezaba con moita intensidade por parte dos de Carballo, que dende a defensa e os rápidos contragolpes xa mandaban no marcador nos primeiros minutos. A primeira metade remataba cun arreón final do Garaysa para irse ao descanso cun 19-13 a favor.

A segunda metade comezaba igual que a primeira e o visitantes non deron opción a unha reacción do equipo local, e conseguían irse no marcador de 12 goles. Os últimos minutos, e xa co partido decidido, os carballeses baixaron algo a intensidade e chegábase ao final cun 32-39.

O Garaysa colócase con 4 puntos na clasifiación, moi cerca da zona media da tabla e volverá a xogar o 14 de xaneiro, xa no novo ano.