Vitoria do Grupo Lemaco “A” diante do Arteixo na Copa Sponsor

1ª Xornada da Copa Sponsor Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria A 42 – Telepizza Arteixo 25 (22-14)

Comezaba esta fin de semana a Copa Sponsor na fase de grupos, o Grupo Lemaco A quedaba encadrado no seu grupo xunto co Grupo Lemaco B e o Arteixo.
Amosouse moi superior o equipo do Xiria que cunha defensa 5:1 avanzada lograba recuperar varios balóns e marcar na contra ante un ataque demasiado pausado do Arteixo, tamén na defensa o rival víase superado polo maior ritmo e superioridade física dos xogadores do Grupo Lemaco que tomaron diferenzas no marcador.
A baixada de intensidade nas defensas levounos a un resultado amplo na segunda metade pese a que o Xiria estivo demasiado errático de cara a gol.

Grupo Lemaco Xiria A 42 (22): Antón Pardiñas (porteiro), Marcos Amarelle 2, Manu Rey11, Angel Villar 1, Hugo 9, Miguel Cambón 2, Manu Pérez 2, Erik Vázquez 1, Diego Mourelle, Henrique 12 e Dani Bello 2

Telepizza Arteixo 25 (14): Marcos Abeleira 6, Marcos Vázquez, Jorge Sánchez, Hugo Montero 6, Lucas López 5, Hugo Rodríguez 4, Jairo Míguez 2, Alex Tajes 1 e Gabriel Baiz 1

Arbitraron: Iván Hernández e Renzo Díaz