Vitoria do Xiria B fronte ao Distevi Seis do Nadal

O Sénior B viña de xogar un partido no que amosaba unha cara poucas veces amosada e ,de este xeito, con necesidade de mellorar as sensacións máis que o xogo.

SÉNIOR B 30- DISTEVI SEIS DO NADAL 27

O partido comezaba cos carballeses acertados e intensos nas labores defensivas, con unha boa colaboración coa portería. En canto ao ataque podíase ver que as situacións nas que os carballeses creaban espazo estaban a ser efectivos nas situacións de 1vs1. Con esta dinámica e a pesar de varios erros e uns minutos de menos nivel ao final da primeira metade os carballeses chegaban ao descanso con 13-12 no marcador.

Na segunda metade, a pesar de non ter o mesmo acerto defensivo que na primeira metade os carballeses conseguían seguir impoñéndose no marcador. No tocante ao ataque os carballeses tiñan certa dificultade para afrontar unha situación de mixta, con todo, cando se axustaron e separaron aos defensores seguiron a ter situacións de superioridade ofensiva.