Vitoria no Vila de Noia para o Calvo Xiria B

Vitoria no Vila de Noia para o Calvo Xiria B

Este domingo xogaba o Calvo Xiria B o penúltimo partido na casa antes de pasar a segunda fase da liga, recibía a un Meaño que tiña este partido como última bala para tentar pasar a segunda fase no grupo de arriba.

CALVO XIRIA B 33-   CROQUETERÍA EL CRACK ASMUBAL MEAÑO 19

O partido comezaba amosando unha defensa carballesa contundente que dificultaba moito o xogo ao equipo visitante, no que se refire ao ataque apreciábase ritmo e chegaban ocasións claras de gol pero con pouco acerto de cara a portería. A falta de acerto na selección de lanzamentos e unha serie de precipitacións ofensivas facían que os carballeses non conseguiran distanciarse no marcador a pesar de amosarse serios nas labores defensivas. Preto de chegar ao descanso o Calvo Xiria B encadeou unha serie de defensas con unha transicións ofensivas exitosas e isto fixo que poideran marcharse ao tempo de lecer con 15-08.

Logo do paso polos vestarios os carballeses seguiron a atoparse cómodos na defensa e, neste comezo de segunda metade sí conseguiron sacar renta de estas accións positivas. De este xeito o equipo carballés comezaba a facer oco no electrónico. A partir de este momento tiveron control do encontro salvo uns momentos de dúbidas ante unha defensa presionante rival. Con todo, vitoria de mérito para os carballeses que siguen levarse o partidos grazas ao traballo e esforzo colectivo.