Vitoria pola mínima do Garaysa Xiria ‘A’ ante o Valinox Novás

Vitoria pola mínima do Garaysa Xiria ‘A’ ante o Valinox Novás

O Garaysa A suma unha nova vitoria nun partido que comezou de cara para os de Carballo, pero que se apretou na segunda metade para decidirse no último minuto.

Garaysa Xiria A 35 – Valinox Novás 34

Garaysa Xiria: Andrés Gómez, Román Pérez, Gonzalo García, Quintín Insua, Rodrigo Rama, Lucas Radio, Brais Sánchez, Roi Pérez, Héctor Castro, Gael Romero, Manuel Pombo e Marco Núñez.

Incidencias: Partido correspondente á 17ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo).

Chegaba o Valinox Novás a Carballo nun partido adiantando da xornada 17 e o encontro arrincaba moi ben para os carballeses, que dende o inicio impoñían o seu ritmo e conseguían vantaxe de ata 6 goles. Os rosaleiros paraban o encontro, e dende ahí foron outro equipo, ata conseguir chegar ao descanso con tan só 2 goles de diferencia (21-19).

Na segunda metade foron mellor os visitantes, que a falta de 6 minutos conseguían irse no marcador de 2 goles (30-32) e obrigaban ao Garaysa a pedir tempo morto para axustar a defensa. Dende ahí, o Xiria sacou todo o que tiña dentro, e grazas a unha gran intensidade atrás, conseguíu remontar o partido e levarse os 2 puntos, para meter presión na parte alta da clasificación.

A vindeira semana, o Garasya A visitará a pista do Balonmán Culleredo.