Xornada completa e duelo na parte alta de 1ª nacional

1ª Nacional masculina:

O sábado ás 20:00, horario insular, no pavillón de Titerroy, xoga o Calvo Xiria ante o Gourmet Ampate Lanzarote. Un dos grandes partidos da xornada. Os locais unicamente cederon un punto na súa casa, cun persoal repleto de grandes xogadores, xóganse moitas das súas opcións por lograr unha das prazas de fase de ascenso, neste partido. Pola súa banda, o Xiria, quere medirse; para seguir crecendo un pouco máis; xa que este tipo de partidos fanlle mellorar; tanto aos xogadores, como ao corpo técnico; e en definitiva ser un equipo mellor, pasado a fin de semana. Nesa liña poderán seguir mantendo viva a ilusión de todos.

1ª Nacional Feminina:

O vindeiro domingo, o Goldie Xiria Carballo Turismo viaxa a Chapela para enfrontarse ao CIES Obra Civil Balonmán Chapela. As de Xiria, despois das súas dúas vitorias consecutivas nas últimas dúas xornadas, parten coa ilusión de esgotar o último cartucho para non afastarse da sexta praza e poder mesmo aspirar á quinta nas xornadas finais do campionato. A tarefa intúese farto complicada, xa que as de Chapela están a demostrar que viven un momento espléndido de forma e así o testemuñan as dúas vitorias consecutivas #ante equipos de enxunlla como o Club Balonmán Pavillón de Ourense e o Asmubal Meaño Tecnelsa. É evidente que o conxunto de Carballo deberá de realizar o partido perfecto, sen fisuras para sacar algo positivo na súa visita ao pavillón Manuel González Soto. O encontro dará comezo ás 18:30 h da tarde do domingo.

División De Honra Feminina:

 As infantís e cadetes da División De Honra feminina, reciben aos dous equipos do ATL. Guardés de ambas as categorías. Os partidos disputaranse o sábado no pavillón Vila De Noia, en primeiro horario (10:30 h) para as infantís do Punta Del Este e en segundo (12:15 h) para as cadetes do Hierros Varela Urbieta. En principio, trátase dun encontro máis complicado para as infantís de Xiria, xa que se miden a un rival que lles saca nove puntos na clasificación e que ocupa os postos altos da táboa, mentres que as cadetes enfróntanse a un conxunto que se sitúa tan só un posto por encima na clasificación a tres puntos de vantaxe, co cal ,en caso de vitoria, as de Carballo achegaríanse a un punto.

División De Honra masculina:

Tiñamos ganas de ver aos equipos de base en Carballo; e pola súa banda os xuvenís do Laber Xiria xogan o domingo ás 17:00 no Ceip Fogar; o equipo está curto de efectivos; pero ten a tarefa de centrarse en mellorar o seu xogo e aproveitar as súas armas para facerse cos dous puntos; empezando polas tarefas defensivas e estar mellor organizado nas transicións; o seu rival será SAR Centro Medico Cesantes. Inmediatamente despois; ás 18:45; terá lugar o partido dos cadetes do Grupo Lemaco Xiria, mesmo rival; e onde os de Carballo, teñen ganas de frear a súa mala serie de resultados e volver sumar puntos na clasificación; para iso é necesario dar un empuxón ao carácter do equipo e tomar as rendas sobre o 40×20. Pola súa banda; os infantís do Garaysa Xiria, empezan a xornada o venres ás 19:00 no pavillón Ceip Fogar contra o Balonmán Atlántico. Referendar as boas sensacións adquiridas a semana pasada e seguir coa evolución do seu xogo, para alcanzar os dous puntos.

2ª División infantil masculina:

O outro equipo infantil de Escolas Balonmán Xiria; o Metalúrxica BB Xiria, tamén xoga o venres no Ceip Fogar; farao ás 20:15, fronte o S.D. Eumesa. O obxectivo é seguir pola liña competitiva das últimas semanas e seguir nos postos altos da clasificación.

Noutra xornada máis da liga benxamín e alevín de BM.5, os horarios e as sedes serán as seguintes:

Liga Alevín 5. Grupo Norte 1 (Pavillón Quiroga Palacios, Santiago):

Lista Xiria – Bm Ribadosar.es. Sábado  10:00H.

Bm Ribadosar Alca – Garaysa Xiria. Sábado 10:45H.

Bm Camariñas RMO – Laber Xiria. Sábado 12:15H.

Liga Benxamín 5, Grupo Norte 1 (Pavillón Quiroga Palacios, Santiago):

Bm Ribadosar Alca Omega – 7Metros Xiria. Sábado 10:45h.

Balonman Xallas FC – Óptica Auris Xiria. Sábado 11:30h

Club Deportivo Concello de Zas – Mr Nutrición Xiria. Sábado 12:15h.

 

Liga Alevín 5. Grupo Norte 2 (Pavillón Galán – Arteixo).

Grupo Lemaco Xiria – Catering Imos Arteixo. Sábado 09:30h.

Club Balonmano Atlántico – Grupo Lemaco Xiria. Sábado 10:10h.

Colegio Liceo La Paz Blanco – Telepizza Carballo Xiria. Sábado 12:50h.

Telepizza Carballo Xiria – Investo Oar Ciudad. Sábado 13:30h.

Liga Benxamín 5. Grupo Norte 2 (Pavillón Galán – Arteixo).

Colegio Liceo La Paz Verdiblanco – Aislamientos San Juan Xiria. Sábado 12:10h

Aislamientos San Juan Xiria – Colegio Liceo La Paz Verde. Sábado 12:50.

TLM Xiria – Colegio Liceo La Paz Blancoverde. Sábado 13:30h.

Colegio Liceo La Paz Blanco – TLM Xiria. Sábado 14:10h.