Xornada con obxectivos ambiciosos

Despois do acontecido a semana pasada na pista do Teucro, cun resultado desfavorable e o mal sabor de boca por como se producíu, o Calvo Xiria está desexoso de que cheguei este próximo Sábado o encontro fronte ao Carnes Doribeiro-Ourense provincia termal e asinar unha gran actuación que lles leve a conseguir dous puntos que lles acheguen máis ao seu obxectivo. Facelo ademáis cunha actuación sobresainte no 40×20 do Vila De Noia, é a mentalidade cos que acoden os de Carballo a este envite, enrabietados aínda polo sucedido na anterior xornada. O enfrontamento fronte aos de Ribadavia, que dará comezo ás 20:00 h, necesitará da máxima concentración e intensidade por parte dos de Xiria, xa que estamos a falar dun conxunto, o ourensán, de gran capacidade competitiva. Non entrará na convocatoria o porteiro Iago Gómez, sancionado cun partido despois do ocorrido no Municipal de Pontevedra a fin de semana pasada, do mesmo xeito que Juan Carlos Rodríguez, que xa non puido actuar practicamente no devandito encontro por unha lesión no ombreiro e Carlos García, cunha lesión na mesma zona dende o encontro da Cañiza. Gabriel Castiñeiras seguirá sendo dúbida ata última hora polo seu esguince de tobillo e Iván Amarelle terá que seguir xestionando os tempos de participación.

En senior feminino, o Goldie Xiria xoga o venres no Lalín Arena ás 21:30, partido correspondente á xornada 21. A viaxe a Lalín adoita ser unha visita moi complicada para as do Xiria, ademais, veremos que xogadoras viaxan, xa que son dúbida Elena Segade, Soraya Martínez, Nadia Vázquez e a baixa confirmada de Natalia Solís para o resto da tempada. As do Xiria deberán saír sen complexos a disputar os dous puntos, espremendo os ataques posicionales e cometendo as mínimas perdas de balón.

En categorías base, volta a competición na División De Honra. O equipo xuvenil Laber Xiria ten o obxetivo de consolidarse entre os 6 primeiros clasificados, para elo debe vencer ao Balonmán Tui que visitará o Vila de Noia este sábado a partir das 12:45. Deberá o Laber voltar a amosarse forte na súa defensa 6:0 e buscar a velocidade no ataque. A recuperación de algúns dos seus compoñentes de cara o partido será fundamentais para voltar ao bo nivel.

O Grupo Lemaco Xiria de categoría cadete, enfróntase ao Balonmán Pabellón Ourense o domingo ás 11:00 no pavillón Ceip Fogar. Os de Ourense son últimos da división de honra cadete masculina cunha vitoria na súa marcadora, por tanto, os de Carballo son favoritos para facerse cos puntos. O partido ten que servir para afianzar o sistema de xogo por parte de todo o persoal e dar moitos minutos de xogo aos xogadores que veñen das lesións. Despois de moitas semanas sen poder contar con todos os xogadores, o técnico Adrián Dubra deberá facer dous descartes para este partido.

Por último, o Garaysa Xiria tamén xogará co BM. Tui, tal e como farán os xuvenís (Vila De Noia 11:15h). A intención dos infantís de Xiria é sumar a súa vitoria consecutiva e alonxarse definitivamente dun rival que está xusto por debaixo deles na clasificación.

Xa en feminino, o próximo sábado, o Punta del Este Xiria recibe a SD Teucro Interrias, o encontro terá lugar no pavillón Vila de Noia as 10:00 da mañá. Presentase un partido igualado ainda que na primeira volta as do Xiria non se fixeron ca vitoria. Nesta segunda volta, as do Xiria tentarán non poñerllo nada fácil.

Na segunda División cadete, as rapazas do  Hierros Varela Urbieta Xiria, disputarán o seu último encontro desta primeira fase da liga regular. O partido será contra o Bm. Moaña o sábado ás 11:30 horas no Pavillón O Rosal de Moaña. As locais buscan acadar o primeiro posto da clasificación, mentras as carballesas buscan rematar a competición con victoria e preparar xa a seguinte fase da competición.

Na segunda división infantil masculina, o Marmolería José Rey Xiria, viaxará a Lugo para enfrontarse o BM. Lucus. Será o Sábado as 12:00h na Casa Do Deporte.

Na competició benxamín e Alevín e Benxamín de BM5 desta xornada, existirán dúas sedes e estes serán os partidos e horarios do Sábado 9 de Marzo:

Grupo Costa, x.8 (CEIP Fogar-Carballo):

ALEVÍN BM5

Ribadosar.es – Xiria Telepizza 10:45

Xiria Lista – Bm Xallas 11:30

Xiria Garaysa – Muxía 10:00

BENXAMÍN BM5

Ribadosar Alca Ԑ – Xiria TLM 10:00

Xiria Aislamientos S.Juan – Xallas 12:15

 

Grupo Costa, x.8(O Areal-Camariñas):

ALEVÍN BM5

Camariñas A – Xiria Grupo Lemaco 10:50

Camariñas B – Xiria Laber 10:00

BENXAMÍN BM5

Camariñas B – Xiria Mr Nutrición Carballo 10:50