O Hierros Varela Urbieta Xiria volve á victoria.

Despois dunha semana de descanso, o Hierros Varela Urbieta Xiria volvía á competición co encontro aprazado contra o Bm. Culleredo.

O marcador estivo dominado polo equipo local durante todo o

encontro pero a competitividade e intensidade das visitantes mantivo a emoción ata o final.

Durante a primeira metade as de Culleredo non se vían acertadas de cara a portería e eso mermaba a súa fluidez de balón en ataque. Por outra banda, un Xiria pouco activo non conseguía impoñer o seu ritmo no partido e atopaba os seus goles a partir de accións illadas de 1×1. O resultado ó descanso foi de 12-7 para as locais.

No segundo tempo ambos equipos saíron disposto a darlle ritmo e emoción ó encontro. Un Xiria máis activo conseguía unha maio

r continuidade de balón en ataque e a través de penetracións sucesivas atopaban lanzamentos claros de 6 metros. Pero o desacerto de cara a portería mantiña ó Bm. Culleredo con opcións. As visitantes pelexaban cada balón ata o final o que esixía moito desgaste á defensa carballesa. A falta de menos de 10 minutos as visitantes conseguían poñerse a un tanto de diferenza. As locais non estaban dispostas a perder os 2 puntos e un último esforzo nos 5 minutos que restaban, conseguían aumentar a diferenza deixando un marcador final de 25-19.

Na seguinte xornada o Hierros Varela Urbieta Xiria disputará o seu último encontro desta primeira fase da liga regular. O encontro será contra o Bm. Moaña o sábado 9 de marzo ás 11:30 horas no Pavillón O Rosal de Moaña. As locais buscan acadar o primeiro posto da

clasificación mentras as carballesas buscan rematar a competición con victoria e preparar xa a seguinte fase da competición.

PARCIAIS: 3-1/ 4-3/ 8-4/ 8-4/ 10-6/ 12-7/ 14-10/ 14-12/ 17-15/ 20-16/ 21-18/ 25-19.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: Valeria Figueroa Santos (4), Marta Gómez Agra (1), Nerea Varela Vila (3), Nina Pereira Abelenda (7), Uxía Suárez Fernández, Lucía España Moreira, Alba García López, Anna M. Hernández Padro, Ana Pombo Doldán (1), Lara

Otero Suárez (9), Elena Collezo Rey.

BM CULLEREDO ABOGACÍA CANOSA: Irene Pacheco Luzar, Carla Bello López, Marta Franco Fernández, Antía Pardo Garcia, Paula Carballal Sánchez (8), Marina Rodríguez Fernández, Carla Gosende Roca, Lucía Sánchez Toimil (5), Sarai López Villar, Carlota Rodríguez Ramallo (6), Eva Martínez González.