Dous primeiros puntos para o Grupo Lemaco

Dous primeiros puntos para o Grupo Lemaco

O Grupo Lemaco Xiria acadou a victoria no primeiro encontro da tempada na pista do Balonman Moaña, na mañá do sábado. As carballesas entraron ben no encontro con unha defensa 6-0 bastante intensa que provocou erros nas pontevedresas aproveitadas nas contras para conseguir as primeiras vantaxes(4-10 min.15). O encontro prestouse para numerosas probas e rotacións que mantiveron o ritmo durante todo o xogo, cos erros normais de precisión na altura da temporada que están. As verdes sumaron os dous primeiros puntos nesta fase de clasificación antes de recibir a vindeira semana o forte Balonman Cangas en Carballo