A irregularidade lastra o Marmolería José Rey

Empezaba a competición para este equipo en Ponte do Porto contra Camariñas. Xa desde os primeiros compases do partido viuse que o xogo do Camariñas ía basearse nas situacións de un contra un dun dos seus xogadores, con todo a nosa defensa non foi capaz de frealo de maneira satisfactoria. No ataque o equipo iniciaba todas as accións desde parado, indo cara á defensa local. A pesar disto, despois dun tempo morto o equipo foi capaz de axustar a defensa e a portería, ademais no ataque empezáronse a ver combinacións entre o pivote e a primeira liña (máis móbil) que era o que se lle viña demandando aos nosos xogadores. Con esta mellora chegouse ao ecuador da primeira metade con empate no marcador. Despois destes bos minutos e debido ao cansazo acumulado o equipo volveu deixar espazos na defensa o que nos levou ao descanso cun 21-13 para os locais.
Despois do paso por vestiarios o equipo non puido volver engancharse ao marcador, con todo os xogadores non baixaron os brazos e seguiron facendo o xogo marcado, o que nos serve para ter unha aprendizaxe para próximos partidos.

BM CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 32  (21+11)

MARMOLERÍA JOSE REY XIRIA 19 (13+6) Alejandro [p], Miguel [p], Nicolás, Samuel R (2), Samuel V, Oscar (1), Pedro (4), Alberto (10), Bruno (2), Aaron.

Próximo partido: MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA- ARTEIXO BALONMÁN TELEPIZZA

IMG-20171105-WA0028 IMG-20171105-WA0030 IMG-20171105-WA0031