Asemblea Xeral de Escolas de Balonmán Xiria

Na tarde de onte tiña lugar no Forum Carballo a Asemblea Xeral Ordinaria de socios de Escolas Balonmán Xiria. Nela aprobaronse as contas da tempada 2013/2014, os orzamentos desta nova campaña e a memoria de actividades da entidade.
A continuación celebrouse una Asemblea Xeral Extraordianaria na que o único punto da orde do día era a renovación, incorporación e cese da Xunta Directiva.
Saen, por vontade propia, do órgano rector do club o presidente Alejandro Cousillas González e o secretario Roberto Martínez Puga, tras oito anos ocupando estes cargos e máis de 12 formando parte da directiva.
Incorpórase como presidente Luciano Calvo Pumpido, como vicepresidente Norberto Penedo Rey e como vogal Francisco Felípez Canedo, continuando formando parte da Xunta o resto de membros que a conformaban.
Así o organigrama rector do club queda da seguinte maneira:
– Presidente: Luciano Calvo Pumpido
– Vicepresidentes: Norberto Penedo Rey e José Antonio Rodríguez Fraga
– Secretario: Ricardo Añón Seijas
– Tesoureiro: Alberto Gómez Ferreiro
– Vogais: Juan Ramón García del Río, Francisco Felípez Canedo e 
       Rubén García Mesura
A Xunta Directiva contará ao seu redor con un grupo de traballo formado por colaboradores, no que se integran tanto Álex Cousillas como Roberto M. Puga.
fotorelevo