Memorial Loli Varela
O pasado mes de xullo recibíamos a mala nova da morte de Loli Varela, delegada dos equipos de categoría femenina do CB Artai e unha das grandes impulsoras do deporte…

O pasado mes de xullo recibíamos a mala nova da morte de Loli Varela, delegada dos equipos de categoría femenina do CB Artai e unha das grandes impulsoras do deporte carballés,tanto como xogadora nos seus tempos mozos como na actualidade ligada ao CB Artai, como na fundación da agrupación Un paso Máis e tamén asociada ao balonmán, onde foi unha peza fundamental para sacar adiante o equipo sénior feminino das Escolas Balonmán Xiria.
A noticia da súa morte deixa un gran baleiro no deporte carballés e pensamos que é xusto recoñecer a súa labor como dinamizadora e impulsora de moitas iniciativas locais organizando este memorial onde teñen cabida as súas últimas actividades, neste caso co relacionado co baloncesto femenino, onde foi a “culpable” da consolidación dos equipos femeninos dentro do Club Baloncesto Artai e tamén dentro da agrupación Un paso Máis con especial énfase no deporte adaptado, concretamente no baloncesto en cadeira de rodas, sen esquecerse do seu traballo nas Escolas Balonmán Xiria.
- Data:
O día escollido para a celebración do Memorial é o martes 6 de decembro durante a mañán e tarde dese día festivo.
- Lugar
O pavillón onde terá lugar o Memorial será o pavillón da Zona Escolar.
- Organización
Concello de Carballo ,Club Baloncesto Artai, Un paso máis e Escolas Balonmán Xiria.
- Colaboración
Conservas Calvo ,Deputación da Coruña, Deporte Galego e Colexio Artai
- Horario do Memorial
Partido baloncesto cadete femenino: CB Artai-CB Laracha-10:00 horas
Partido baloncesto cadete femenino: EB Xiria-ACB Costa da Morte-11:00 horas
Partido balonmán Grupo Lemaco Xiria-Punta del Este Xiria-12:00 horas
Partido baloncesto cadete femenino: CB Laracha-ACB Costa da Morte-15:30 horas
Partido balonmán entre o Goldie Xiria sénior feminino e ex –xogadoras do club: -16:15
Partido cadete femenino: CB Artai-EB Xiria-17:00
Partido en cadeira de rodas: Exhibición Basketmi Ferrol-17:45
Entrega de agasallos e trofeos: 19:00



