Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cadete feminino

Bo fin de ano para o Grupo Lemaco A en Vigo

O Grupo Lemaco A terminou o ano cunha nova victoria este pasado sábado na súa visita ó Bm. Chapela. O equipo mostrouse moi solvente na faceta ofensiva, superando as liñas…

O Grupo Lemaco A terminou o ano cunha nova victoria este pasado sábado na súa visita ó Bm. Chapela. O equipo mostrouse moi solvente na faceta ofensiva, superando as liñas defensivas das redondelás de maneira constante, con tan só seis perdas de balón en todo o encontro. Algo máis desatinadas en defensa sobre todo no primeiro periodo, onde escasearon as axudas defensivas ante as situacións individuais da primeira liña do Chapela(15-15, descanso).

No segundo acto, xa coas cousas máis claras, as carballesas mostráronse máis bloque que no primeiro tempo, xerando moitas dúbidas no ataque local, e aproveitando as contras para abrir distancia. Cun cómodo final de encontro, as do Xiria terminaron o ano con boas sensacións, liderando a Liga Ouro xunto co Balonmán Cangas despois de rematar a primeira volta.

Próximo partido

Máis sobre isto