Bo partido do Tubasys Xiria na casa

Bo partido do Tubasys Xiria na casa

TUBASYS XIRIA     24 – 21     CLUB CISNE OMMA ARQUITECTURA

Partido correspondente á decimosexta xornada da Liga Ouro, desputado no Fogar (Carballo). Moi bo partido do Tubasys Xiria que volve a ter moi boas sensacións na pista, cunha rápida movilidade de balón e unha defensa forte e activa.

Na primeira parte o Tubasys Xiria soubo impoñer o seu bo xogo en ataque cunhas subidas ao contraataque efectivas grazas a unha defensa moi activa que tiña desquiciado ao ataque rival.

Pero na segunda parte as de Cisne foron capaces de empatar no marcador, poñendo o partido en máxima tensión e ás xogadoras locais demasiado nerviosas como para pensar. Finalmente o Tubasys chamou á calma e grazas á recuperación do bo xogo que estaban a amosar conseguiron facerse cunha importante vitoria.

Na próxima xornada viaxarán a Lalín co obxectivo de manter o bo ritmo de partidos que amosaron estas dúas últimas xornadas.