Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil feminino

Bo partido do Tubasys Xiria pese ao resultado

SANXENXO BM-DISLAUSA 30 – 23 TUBASYS XIRIA Partido correspondente á undécima xornada da Liga Ouro, desputado en Saxenxo. O Tubasys viaxaba con ganas e motivación ata Sanxenxo para…

SANXENXO BM-DISLAUSA 30 – 23 TUBASYS XIRIA

Partido correspondente á undécima xornada da Liga Ouro, desputado en Saxenxo. O Tubasys viaxaba con ganas e motivación ata Sanxenxo para xogar un moi bo partido que non rematou como lles gustaría.

O partido foi moi regular tanto por parte do equipo local como por parte do Tubasys, que chegou a apretar un pouco o marcador, pero non foi quen de empatar o encontro en ningún momento. Un par de defensas relaxadas, nas que as rivais entraban con facilidade, e algunha pérdida en ata que permitía correr contraataques sen oposición, foron os que levaron a unha desvantaxe no marcador que non se puido reducir ao longo do partido.

Pese ao resultado obtido, o equipo rematou o encontro con moi boas sensacións e retomando un xogo con velocidade que levaban varias xornadas sen amosar, ademáis dun par de lanzamentos dende 9m moi acertados que daban alento ao equipo. Tocará seguir mellorando en defensa para compaxinar o bo xogo en ataque cunha defensa forte e sólida.

Na próxima xornada xogarán na casa, enfrontaránse ao BM Tui na procura de 2 puntos e boas sensacións que lles aporten un raio de luz nos momentos difíciles da tempada.

Próximo partido

Máis sobre isto