Boa imaxe para os dous equipos xuvenís de Xiria. O sábado pola mañá, empezaba a xornada o equipo de liga prata nun encontro igualado, onde o equipo foi crecendo o longo do encontro, indo de menos a máis, adquirindo pequenas vantaxes no marcador grazas o bo facer defensivo. A única nota negativa foi a lesión de Pablo Fraga nos minutos finais; logo de marcar un gran gol faciase dano na caída e as probas determinarán o alcance da lesión.
Montaxes Carballo Xiria B 33 – Hiit Boxing And Gym Bm Cangas 26
Montaxes Carballo Xiria (16+17): Xano Rama (p), Izan Cabeza (p), Daniel Marta (p), Xabi Fernández, Nicolás Mejuto, Yago Sande, Álvaro Gómez, Álvaro García, Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Sául Fuentefría, Maxi Díaz.
Hiit Boxing And Gym Bm Cangas (12+14):
Árbitros: Paula Peleteiro e Renzo Díaz
Incidencias: Partido correspondente a 2ª fase da 2ª xornada da liga Prata xuvenil masculina, disputado no pavillón Vila de Noia(Carballo).
En liga Oro; o Montaxes Carballo Xiria e Socaire Arquitectos Bueu Atl Balonmán, deixáronnos un partido combativo e con ritmo que deixou escapar o Xiria logo de ir por diante durante 55 minutos de encontro. A precipitación final e o acerto do Bueu atopando ocos centráis na defensa do Xiria serviron para que os puntos quedasen en Bueu. Pese a decepción pola derrota o Montaxes Carballo Xiria realizou un bo encontro; e ten que seguir mellorando nas seguintes xornadas para tratar de volver a senda da victoria.
Socaire Arquitectos Bueu Atl Balonmán 35 – Montaxes Carballo Xiria 34
Socaire Arquitectos Bueu Atl Balonmán (18+15): Pablo Arce (1), Jaime Moldes (12), Miguel Piñeiro, Mateo Blanco, Mario Agulla (1), Martín Cadilla (6), David Entenza (4), Gael García, Jose Manuel Cordeiro, Antón Fernández (7), Miguel Cadilla, Alejandro Arias, Marcos Martínez (1), Diego Fernández, Hugo Mora (3), Pedro Costas.
Montaxes Carballo Xiria (16+21): Samuel Soneira (p), Xano Rama (p), Diego Mourelle (5), Simón Viña (2), Andrés Pombo (1), Nicolás Cancela (5), Daniel Persical (12), Brais Suárez (3), Álvaro García, Marcos Varela (2), Aday Gómez (2), Jorge Rodríguez (2).
Árbitros: Julio Villanueva e Luis Fernández.
Incidencias: Partido correspondente a 11ª xornada da liga Ouro xuvenil masculina, disputado no pavillón Pablo Herbello (Bueu).


