O Grupo Lemaco recibía na casa a UB Lavadores na mañá do domingo no Vila de Noia, nun encontro onde as carballesas perderon o tino do encontro en cinco minutos fatídicos, cheo de erros e desconexión.
As carballesas comenzaron o encontro con algúns erros de concentración, tanto nos pases como na defensa onde non foron quen de dificultar o lanzamento exterior das viguesas que lograron as primeiras ventaxas. No ataque, mostraban outra cara, ante a defensa 5-1 viguesa que tamén se mostrou máis débil.
Cunha diferencia ó descanso de tres goles para as de Lavadores, as verdes entraron na segunda metade moito máis enchufadas, conseguindo recortar as distancias e incluso chegar a empatar o encontro, pero un corto periodo de desconexión, onde as perdas de bola propiciaron fáciles contras das visitantes que levaron o encontro ata unha diferencia de seis goles que resultaría insalvable .
A vindeira semana o Grupo Lemaco visitará a sempre complicada pista do Lalín Arena no que será a sexta xornada desta Liga Ouro


