Cómoda victoria do Tubasys ante o Bm. Xallas

O Tubasys Xiria logrou a segunda victoria deste curso na competición de Pretempada de Plata, onde se impuxo con moita claridade ó Bm. Xallas.

O equipo visitante chegaba a Carballo con algunha baixa con respecto á semana anterior, dificultando aínda máis o de sacar un resultado positivo do Vila de Noia. Desde un primeiro momento as locais mandaron no electrónico, conseguindo pechar a súa portería e mostrándose moi fortes na defensa, forzando os erros das xalleiras e anotando con facilidade á contra(14-2, descanso).

O segundo tempo non cambiou moito, e na mesma dinámica, co complicado de manter a tensión dado o marcador, as carballesas non cederon no seu traballo, e remataron o segundo tempo sen encaixar(29-2).

No vinceiro fin de semana, pecharán esta primeira fase contra o Bm. Culleredo a domicilio