Primeira victoria do Grupo Lemaco A na tempada 23/24

O Grupo Lemaco A acadou unha traballada victoria na súa visita o Pavillón Pablo Hervello de Bueu. Despois da derrota da semana pasada en Redondela, as carballesas completaron un encontro moito mais ordenado que o da primeira xornada, aínda que con moitas imprecisións tanto nos lanzamentos como nas situación de contraataque onde perderon moitas oportunidades de levar o encontro máis controlado.

Na primeira metade, marcharon o descanso un abaixo(10-9) e na reanudación as cousas trocaron para mellor, onde as do Xiria chegaron a posuir vantaxes de ata 5 goles de diferenza(18-23). Un arreón nos derradeiros intres do encontró das locais, apurou un pouco o marcador final, no que supón os dous primeiros puntos das cadetes nesta primeira fase de clasificación para o play off.

No vindeira semana recibirán o combativo Bm. Chapela no Fogar no último encontro de esta fase