A empresa Corporación Laber (laboratorio e consultoría alimentaria e medioambiental), que cumple 10 anos neste 2014, con sede en Santiago de Compostela e delegacións en Madrid, Barcelona e Sevilla, será o novo patrocinador do equipo xuvenil masculino das Escolas Balonmán Xiria que milita na División de Honra e dun dos equipos benxamíns de liga provincial.
Fundada e dirixida polo carballés Antón García Vázquez, Laber xa viña dende hai anos colaborando co club en distintas actividades e iniciativas, e agora asume o patrocinio do equipo xuvenil masculino, que é un dos máis laureados do club, coas consecucións de varios Campionatos Galegos da División de Honra e participacións nos Campionatos de España, nos que en varias ocasións conseguiu estar entre os 8 mellores conxuntos do Estado.
Este domingo, ás 11.00 h, no Pavillón da Zona Escolar de Carballo serán presentados os tres equipos das categorías base que compiten nas Divisións de Honra e faranse as fotos oficiais.
Os equipos de División de Honra Infantil e Cadete continuan tendo como patrocinadores ás mesmas empresas que o levan facendo nos últimos anos, Garaysa e Grupo Lemaco respectivamente.
Aos tres agradecemos enormemente a confianza depositada no proxecto de canteira de Balonmán Xiria.
– Infantil masculino: Garaysa Xiria
– Cadete Masculino: Grupo Lemaco Xiria
– Xuvenil Masculino: Corporación Laber Xiria