TECNOSAT BM. CANGAS 23 – 22 NORDATA XIRIA
Décimo partido de Liga Ouro. Comezaba o encontro no Gatañal cunha soltura máxica en ataque e unha defensa moi activa por parte do Nordata Xiria. Todo parecía ir de perlas ata que nos últimos 10 minutos da primeira parte as do Nordata baixaron a intensidade e pasaron de ir por diante no marcador a chegar ao descanso 3 abaixo.
Ao principio da segunda parte os erros defensivos condenaron ao Nordata no marcador, cun 18 –12 a favor das locais, pero unha vez máis as verdinegras demostraron que os partidos xóganse ata o final, puxéronse as pilas e volveron á intensidade inicial e a uns ataques con xogadoras moi activas, que conseguiron empatar o encontro. Lamentablemente a pesar do gran partido das do Nordata, perderon pola mínima.
A próxima xornada xogan na casa e enfróntase ao Coreti Lalín, un partido para seguir traballando e collendo boas sensacións na pista.
Nordata Xiria: Sara Trigo, Lucía Castiñeiras (2), Natalia Varela (7), Sara Pallas (0), África Gómez (8), Mara Vidal (2), Inés Cabeza, Zaira Longueira (2), Aroa Lista, Eva Vidal (1).



