Vitoria con autoridade do Punta del Este Xiria

O Punta del Este Xiria vence en Santa Comba con autoridade despois duns primeiros minutos cheos de imprecisións e lanzamentos errados. A pesar diso, as de Carballo puideron ir carburando a partir da súa defensa aberta, que lles permitiu correr e encontrar o camiño ao gol con facilidade.

No segundo tempo as distancias foron crecendo e as do Xiria adaptáronse moi ben á defensa 5-1 plantexada polas do Bm. Xallas, ata chegar á vantaxe máxima no final do encontro (7-28).

Esta fin de semana descansarán e a fin de semana do 17-18 de decembro, a última xornada antes das vacacións de Nadal,  recibirán en Carballo ao Liceo La Paz.