Derrota do Tubasys Xiria fronte as líderes

Derrota do Tubasys Xiria fronte as líderes

TUBASYS XIRIA     17 – 41     SAR RODAVIGO

Partido correspondente á decimocuarta xornada da Liga Ouro, desputado en Carballo, no pavillón Fogar.

Partido de altibaixos defensivos para o Tubasys Xiria que atoparon diante a un rival que conseguía dar continuidade ao balón en todas as accións, ,movendo moito a defensa local, que non conseguía facer golpes francos con facilidade. Isto sumado á relaxación en ataque por parte do Tubays Xiria, foron factores clave para rematar cun marcador tan abultado.

A próxima xornada o Tubasys Xiria viaxará á Guarda para enfrontarse a un dos rivais directos.