O Hierros Varela Urbieta Xiria sufriu unha derrota por 46-22 fronte ao Embutidos Lalinense, o pasado 12 de outubro de 2025, no Lalín Arena, nun encontro correspondente á 3ª xornada da Fase Principal da Liga Ouro Xuvenil.

O partido estivo dominado dende o inicio polo conxunto local, que se adiantou rapidamente no marcador (5-1 aos 5 minutos) e ampliou a vantaxe ata o descanso (22-6). O Xiria tivo dificultades tanto en defensa como en ataque, fronte a un rival moi eficaz e cun ritmo alto.
Na segunda metade, a dinámica mantívose, a pesar do esforzo dos nosos xogadores. Varios cadetes tiveron minutos nun encontro esixente, pero que servirá de experiencia para medrar.
Destacados individuais:
- Saúl Fuentefría Seoane – 6 goles
- Andrés Pombo Fieira – 4 goles
- Nicolás Cancela Moscoso e Brais Sánchez Castro – 3 goles cada un
Notouse tamén certo nerviosismo, especialmente nos xogadores máis novos. Ademais, a preparación non foi a ideal, xa que na véspera houbo festa en Carballo, o que afectou o descanso dalgúns xogadores. Ser deportista implica compromiso e responsabilidade, tamén fóra da pista.

A pesar do resultado, hai que valorar o esforzo e aprender da experiencia. Esta derrota debe servir como motivación para seguir mellorando.
Cabeza alta. Seguimos loitando. Forza Xiria!

