Derrota pola mínima para o ALS B

GALITRANS BM PONTEDEUME 24 – ALS XIRIA B 23

O sábado desprazábase o ALS Xiria B  a Pontedeume para enfrontarse ao Bm Pontedeume no que sería o primeiro partido á volta das navidades. 

Ao comezo do partido a igualdade reinaba no 40/20, e tan só o Als conseguía distanciarse no marcador grazas a unha defensa intensa. Co paso dos minutos o partido igualouse, e ambas defensas conseguían impoñerse aos ataques. 

Á volta dos vestiarios e derivado de varios desaxustes defensivos o equipo local conseguiu despegarse no marcador. No ataque, os carballeses non conseguían aproveitar toda a anchura do campo  e esto facía que o xogo non conseguira o ritmo necesario para superar a defensa rival. Esta situación facía que a falta de 15 minutos os carballeses se atoparan 6 goles por debaixo no marcador. Ahí con un cambio no nivel defensivo e grazas a un gran espíritu de loita os carballeses conseguiron remontar ata chegar ao empate a poucos minutos do final. Con todo, a falta de acerto nas últimas accións claras de lanzamento fixo que a remontara non se puidera efectuar finalmente, pero é moi positivo o cambio de actitude que conseguiron amosar estos rapaces.  Claramente coa actitude que mostraron nos intres finais do partido poden competir todos os encontros a un bo nivel.