Previa do 21-22 de xaneiro

1ª Estatal

Comeza a 2ª volta para o Calvo Xiria cunha difícil visita ao SAR Plastic Omnium. O encontro terá lugar o domingo ás 12:30 horas no Pavillón A Bombonera. Ambos equipos necesitan sumar puntos e romper a racha negativa para separarse da zona perigosa da táboa. Os carballeses atópanse cada vez máis cómodos no seu xogo e seguen a traballar duro para conseguir 2 puntos que os manteñan nesa liña ascendente de confianza. Os de Redondela comeza a contar os seus partidos coma finais e serán un rival duro nun encontro que se agarda igualado e emocionante ate o final.

1ª Autonómica Feminina

Viaxe tamén para o Calvo Xiria feminino que se enfrontará ao Cíes Obra Civil Bm. Chapela o domingo ás 13:00 horas no Pavillón Manuel González Soto. As de Redondela atópanse nun bó momento tras sufrir unha única derrota nos últimos 5 encontros. O Calvo Xiria é líder en solitario da categoría despois do empate da pasada semana contra o UB Lavadores Vigo B e prepárase xa para un encontro que se agarda igualado nunha pista na que sempre é difícil sacar puntos.

Categorías Base: Liga Ouro

O Hierros Varela Urbieta Xiria busca 2 puntos que as manteñan preto dos postos de cabeza no partido que terá o sábado ás 12:15 no Pavillón Vila de Noia. Situación similar para o Grupo Lemaco Xiria que intentará facer o mesmo na visita ao Socaire Arquitectos Bueu Atl. Bm. que se xogará o sábado ás 16:30 horas.

Na categoría infantil, o Garaysa Xiria ten enfrontamento contra un rival directo, o Atl. Novás que se xogará no Rosal o sábado ás 10:45. Pola súa banda, o Nordata Xiria recibe o domingo ás 11:15 ao Bm. Culleredo Canosa Abogacía no Pav. CEIP Fogar e intentará lograr unha vitoria que as siga mantendo líderes.

Categorías Base: Liga Prata

O sábado será o turno para os dous equipos cadetes de Liga Prata onde a situación é similar e buscan esos dous puntos que os enganchen á cabeza da clasificación. O Grupo Lemaco Xiria B visita ao Bm. Culleredo Remax Riazor ás 11:45 mentras o Tubasys Xiria viaxa a Vigo para enfrontarse ao Seis do Nadal Coia ás 11:15.

Na categoría infantil, o Punta del Este Xiria recibe ao Bm. Culleredo Sutenor o domingo ás 10:00 no Pav. CEIP Fogar onde intentará manter a boa racha dos últimos encontros.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria

Na categoría de alevín 7, O Garaysa Xiria recibe o sábado ás 10:30 no Pav. Vila de Noia ao Bm. Culleredo Ascor Consulting. Pola súa banda, o Reneymar Xiria A desprázase a xogar contra o Bm. Culleredo Galkimia ás 13:00 horas e o ALS Xiria visitar ao BM7 Oar Coruña 1952 ás 10:00 horas.

Na categoría de BM5 que se disputa o sábado pola mañá en Santiago, o Insplaber Xiria, Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B, Telepizza Xiria e Óptica Auris Xiria enfrontaranse aos equipos do Bm. Culleredo.