Dobre diana para o Infantil Feminino
O Tubasys recibía ó Lucense sabendo que unha vitoria ante o cuarto clasificado deixaría a tiro o primeiro posto da clasificación. A defensa individual das camisolas verdes puxo trabas a…

O Tubasys recibía ó Lucense sabendo que unha vitoria ante o cuarto clasificado deixaría a tiro o primeiro posto da clasificación. A defensa individual das camisolas verdes puxo trabas a un Lucense que domina o xogo mediante o 1×1 da súa primeira liña. Axiña o cansanzo fixo acto de presenza nas filas visitantes, pero varios erros en ataque por parte do Xiria abriron a porta a contraataques que lograron as táboas no marcador.
Sin embargo, unha chamada á calma no minuto 26 para reestructurar o traballo defensivo e poñer orden nas transicións deu alas a un Tubasys que conseguía un parcial de (6-0) para chegar ó +7 no descanso.
Na segunda metade a distanza se mantivo no electrónico coa axuda da alta eficacia defensiva das locais, que veu acompañada dunha actuación estelar de Alba na portería. Condicións óptimas para a aparición das transicións, que xa suman case a metade dos goles obtidos polo Tubasys durante a tempada.
Un novo tempo morto preto do final volveu a restablecer as prioridades do xogo e acadar un novo parcial que deixaba a vitoria nas mans das carballesas de forma incontestable.
TUBASYS XIRIA 44 – 29 MILLAVEN CP LUCENSE
Dous puntos ben traballados que saben a pouco pola torcedura no nocello de Alba, apartando a xogadora da portería do Tubasys ata despois do derbi carballés.

Para pechar a xornada, o Maquisaba viaxaba ata Viveiro para afrontar un novo lance cargado de baixas.
O conxunto carballés collía os mandos do partido dende o comezo coa superioridade xerada hacia as zonas exteriores da compacta liña defensiva do Viveiro, chegando ó (2-8) con rapidez. Sin embargo, os numerosos e sangrantes erros de lanzamento en situacións doadas de contraataque e penetración polo centro deixaba no dique seco a un Maquisaba que víase incapaz de transformar as situacións que creaba, quegando ó descanso cun nada impresionante (9-12).
Se ben o alto nivel defensivo e o compriomiso se mantiveron durante o resto do encontro, o Xiria reiteraba unha e outra vez os mesmos lanzamentos e as mesmas perdas de balón non forzadas por malas adaptacións de balón e pases inadecuados, acadando a difícil cifra de 17 perdas e 31 erros de lanzamento en situacións doadas. A gran densidade defensiva do Viveiro, permitindo os ineficaces lanzamentos de extremo, sumado a unhas porteiras locais extremadamente efectivas deixaban na pista a un Maquisaba frustrado e irreconocible.
Se ben os dous puntos non correron perigo, o Xiria marchaba cunha mala sensación de boca que debe eliminar antes do derbi do sábado ante Tubasys.
CLUB BALONMAN VIVEIRO 18 – 22 MAQUISABA XIRIA


