O Grupo Lemaco B suma na súa saída a Poio

Plácida victoria para o Grupo Lemaco B en Poio na nova xornada da Liga Prata no Grupo A. As carballesas visitaban ás pontevedresas recuperando efectivos para este tramo final de temporada e mostrando unha boa cara no encontro, onde a amplitude no marcador permitíulle ás de Mafi desenvolver o seu xogo de maneira máis fluída. A primeira liña carballesa mostrouse moi resolutiva tanto no colectivo como no individual, e a defensa apoiada no bo facer da gardarredes, fixeron que o encontro transcurrira de xeito cómodo. O resultado final de 12-38 otórgalle ás do Xiria dous puntiños máis, antes de recibir o domingo no Vila de Noia o Bm. Brigantium.