Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cadete feminino

Estrea do Hierros Varela Urbieta na División De Honra

As cadetes de Hierros Varela Urbieta, comezaban a súa andaina na División De Honra a pasada fin de semana. En fronte, un dos grandes conxuntos da categoría, o BM.…

As cadetes de Hierros Varela Urbieta, comezaban a súa andaina na División De Honra a pasada fin de semana. En fronte, un dos grandes conxuntos da categoría, o BM. Cangas Tapería Dos Chata.

O encontro tivo dúas partes claramente diferenciadas e é que, na súa estrea na categoría, as de Carballo comezaron atenazadas e coas mans atadas pola defensa profunda e presionante das do Morrazo.

Os primeiros minutos foron de clara cor local, sen reacción algunha por parte das bergantiñás, que vían como o seu rival provocaba as múltiples perdas de balón que se acumulaban a favor das contras das de Canguesas. Foron necesarios dous tempos mortos antes do meridiano do primeiro acto para reconducir ao equipo carballés e para cortar o vendaval azulón que xa dominaba por 8-2. A partir das novas consignas, o Hierros Varela Urbieta comezou a funcionar algo mellor e a pesar de retirarse aos vestiarios cun 21-11 en contra no primeiros trinta minutos, a evolución foi claramente de menos a máis.

Na reanudación, o equipo de Carballo confirmaría a mellora amosada nos últimos instantes do primeiro tempo, sobre todo baseada na maior mobilidade das xogadoras de ataque, así como na verticalidade cara á portería contraria. Deste xeito, as de Xiria conseguían un meritorio parcial de 17-13 neste segundo tempo ante un gran rival e deixaba boas e esperanzadoras expectativas para continuar crecendo e asimilando conceptos como equipo e a nivel individual ao longo desta tempada.

Cangas Tapería Dos Chata: 38 (21+17). Mar Guimeráns, Elsa Buela, Carla Baltasar, Claudia Peña, Sara González, Carla Vidal, Laura Martínez, Noa Iglesias, Yaiza Gil, Joana Dacosta, Mariana Rial, Judith Barreiro, Inés Bernardo, Irene Romero, Irene Ríos.

Hierros Varela Urbieta Xiria. 24 (11+14). Lucía Lema (p), Helena Collazo (p), Natalia Cancela, Lucía España, Valeria Figueroa, Alba García, Marta Gómez, Anna Mª Hernández, María Patiño, Nina Pereira, Coral Ruibal, Nerea Varela, Uxía.

Colexiados: Hermida V. e Diego Vázquez. Estiveron ben, sen complicacións.

Incidencias: Primeira xornada da División De Honra en categoría feminina cadete. Partido celebrado na mañán do Sábado pasado no pavillón do Gatañal de Cangas ante un centenar de siareiros, moitos deles, desprazados dende Carballo.

Próximo partido

Máis sobre isto