Fases Finais Provinciais Alevín e Benxamín

O vindeiro sábado 2 de xuño Carballo acolle nas súas instalacións deportivas as Fases Finais Provinciais de Balonmán 5 ou minibalonmán nas categorías benxamín (nenas e nenos nacidos nos anos 2008 e 2009) e alevín (nenas e nenos nacidos nos anos 2006 e 2007).  Esta competición desenvolverase nas instalacións do Pavillón Vila de Noia e no Pavillón do CEIP Fogar. Cada unha das pistas acolle simultaneamente dous partidos, co que o espectáculo e a animación están asegurados.

A esta cita deportiva acoden 24 equipos, 12 da categoría alevín e outros 12 da categoría benxamín, que supoñen un total de 210 deportistas, uns 20 técnicos e 20 persoas da organización que mobiliza o club organizador Escolas de Balonmán Xiria (EBMX) en colaboración coa Federación Galega de Balonmán.

A Carballo desprazaranse deportistas de 8 clubs distintos, BM Arteixo, BM Culleredo, BM Línea 21, Colexio Liceo, EM Abegondo, OAR, Ribadosar e Escolas de Balonmán Xiria. EBMX participa con 6 equipos, 2 benxamíns (OAK English Center Xiria e Clínica Dental Pico Blanco Xiria) e 4 equipos alevíns (Laber Xiria, Grupo Lemaco Xiria, Telepizza Carballo Xiria e LK Xiria). BM Culleredo despraza a outros 6 equipos, 3 benxamíns e 3 alevíns. OAR trae 3 equipos, 2 benxamíns e 1 alevín. EM Abegondo achega 2 equipos benxamíns. BM Línea 21, Colexio Liceo e Ribadosar achéganse cun equipo benxamín e outro alevín. BM Arteixo ven cun equipo alevín.

A competición desenvolverase dende ás 9.30 h da mañá nas instalacións indicadas, cos equipos distribuídos en catro grupos de tres equipos en cada unha das dúas categorías. Durante a mañá disputarase a fase de grupos. Pola tarde, o 1º clasificado de cada grupo disputará as semifinais e os vencedores disputarán as finais (unha por categoría). Os segundos clasificados de cada grupo pelexarán polos postos do 5º ao 8º e os terceiros clasificados polos postos do 9º ao 12º. As semifinais están previstas para as 15.15 e as finais para as 16.45. Ás 17.30 esta previsto o remate da competición coa entrega de trofeos aos deportistas participantes no evento.

Calendario e Horarios:

HorariosFase_Alev-Benx