Fin de semana de altos e baixos para o Garaysa Xiria Feminino

GARAYSA FEMININO- BM CULLEREDO

Este sábado 24 de Febreiro o Garaysa Xiria recibía o BM Culleredo no Pavellón CEIP FOGAR. O Partido comezaba cun Garaysa moi metido en tareas defensivas e con intensidade nos contactos, dificultando así as intencións rivais de achegarse a portería. O BM Culleredo decidiu salir cun 6 – 0 moi cerrado e pegado a 6m en defensa, estando así as xogadoras visitantes moi cómodas e quietas na súa posición. Evitando así que o Garaysa chegara de manera clara a portería rival. Cerrando o marcador na 1ª metade cun 0 – 10 a favor do BM Culleredo.

Na segunda metade o Garaysa Xiria en defensa presionaba en gran medida o movemento de balón rival, provocando así error forzados e roubos de balón por parte das locais. Facilitando así a salida o contragolpe e polo tanto lanzamentos claros dende os 6m. Malia estas situacións claras de lanzamentos a gardameta rival evitaba que estas remataran no fondo da rede. Cerrando así o partido co 3 – 18 final.

Garaysa Xiria (3): Lucía Lema(p), Paula Abelenda, Stefanía Landri, Uxía Suárez, María García, María Patiño (1), Coral Ruibal, Candela Couto, Natalia Cancela, Ana Pombo, Lara Hernández (2)

BM Culleredo (18): Irene Pacheco(p), María Franco (3), Antía Pardo (3), Paula Carballal (3), Carla Roca (3), Carlota Rodríguez (2), Aroa Barbeito (1), Sofía González, María Biscansa

RIBADOSAR- GARAYSA XIRIA FEMININO

Desprazábase o Garaysa Feminino ao Pavillón Quiroga Palacios para recuperar o partido pertencente á xornada 12 que fora aprazado. Chegaban as xogadoras carballesas con moitas ganas para este partido despois da progresión que viñan facendo nos últimos partidos, a pesar dos resultados. Con estas ganas empezaron nos primeiros minutos cunha defensa moi activa e cun ataque que chegaba a lanzar en ocasións claras de gol. Con todo co paso dos minutos a defensa foi baixando a intensidade, e en ataque atopamos un dos condicionantes da mañá, os erros de lanzamento. O Garaysa cometeu demasiados erros de lanzamento de 6 metros e tamén tivo erros na selección de lanzamento. Con todo o problema non o estabamos tendo en ataque senón na falta de contacto en defensa. Con esta dinámica chegamos ao descanso con 9-4 no marcador para as locais.

 

A segunda parte seguiu o mesmo camiño, as xogadoras carballesas non conseguían protexer a zona central na defensa. E en ataque a selección de lanzamentos en moitos casos non era a acertada, aínda que é certo, cada vez que se producía un movemento de pelota buscando os espazos se que se atopaban zonas francas para o lanzamento. O resultado final 18-10, o obxectivo non é outro que o de principio de tempada, buscar unha progresión a longo prazo para estas xogadoras .

BM RIBADOSAR  18 (9+11) Laura Becerro, Daniela Abalo, Verónica San Román, Valeria Ninni (5), Laura (2), Natalia López, Sofía García (2), Carla Veiga, Alicia Posse (4), Alicia Silvosa, Ivet Suárez(1), Lidia Sandá (4), María Cambón.

GARAYSA XIRIA 10 (4+6) Lucía Lema [p], Stefanía Landri (1), Uxía Suárez, María García, María Patiño, Coral Ruibal (3), Candela Couto (3), Natalia Cancela (1), Ana Pombo (1), Lara Hernández (1)