O Punta del Este vence en terras lucenses

Desprazábase o pasado sábado o Punta del Este a terras luguesas para enfrontarse ao Bm Lucus. As carballesas viaxaban cun obxectivo en mente, recuperar a intensidade defensiva. Xa nos primeiros compases do partido se puido ver que o nivel de contacto e de anticipación ía ser maior ao dos últimos partidos, propiciando así rápidas contras nas que se conseguir goles fáciles. A pesar da boa defensa das xogadoras de carballo o bo facer das xogadoras locais facía que fosen capaces de conseguir gol nas zonas exteriores. Con todo chegamos ao descanso con 6-15 no marcador.

 

Á volta do descanso, as xogadoras buscaron aumentar o movemento en ataque con cambios de posto ou desdobramentos. No referente á defensa, baixouse un pouco a intensidade o que propiciou que na segunda parte o equipo lucense conseguise anotar máis goles. Así o resultado final foi 13-26.

BM LUCUS 13 (6+7) Sara Martínez (5), Sofía Díaz, Laura Cabanas, Angela López (7), Julia Martínez, Sofía Sanmartín, Jenifer Soto, Antía Vázquez (1), Lucía Villar, Claudia Ledo, Isama Longarela.

PUNTA DEL ESTE 26 (15+11) Elena Collazo [p],  Valeria Figueroa (1), Lucía España (8), Nerea Varela (5), Nina Pereira (1), Alba García (8), Lara Otero (2), Marta Gómez, Anna Hernández, Paula Bouzas.