O ALS B chegaba a Narón con moi boas sensacións logo do partido que realizara a semana pasada. O obxetivo deste partido era conseguir manter estas boas sensacións e seguir escalando no seu xogo.
O inicio do partido xa mostrou a cara do ALS que se ía a ver. Moi serio e moi dinámico na defensa, tentando condicionar as situacións de ataque dos de Narón. Grazas a esta defensa tan dinámica conseguíanse roubos de balón ou perdas do rival que se conseguían materializar nas contras. Así foi cómo transcurriu a primeira metade, con un ALS moi centrado en todas as facetas do xogo, sen embargo un dos aspectos a mellorar podía que fose a defensa ao pivote e á liña.
A segunda metade continuou a mesma dinámica, os carballeses estaban a realizar un partido moi serio con unha boa participación de todos os xogadores dentro do seu rol. De este xeito, pouco a pouco o ALS facíase co dominio total do partido ata chegar ao 23-44 final.
Os carballeses seguen a facer o seu camiño dentro de esta tempada, progresando partido a partido grazas ao bo facer nos adestramentos.